A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continúa a súa actividade de animación á lectura entre os máis pequenos da casa
A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia "Os Sabadiños". Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.
"OS SABADIÑOS"
Esta proposta lúdico didáctica nace coa idea de estimular a lectura dende idades temperás, implicando aos nenos no hábito lector, dando a coñecer a biblioteca entre os máis pequenos da casa e que entendan que é un espazo de diversión, de encontro e de aprendizaxe.
"Os sabadiños" son xornadas de animación á lectura onde se desenvolverán diversas actividades encamiñadas a fomentar nos nenos o hábito da lectura como contacontos, obradoiros... ó tempo que se fomenta a imaxinación, a participación, a cooperación e a creatividade entre os máis pequenos.
Estas xornadas terán todas a mesma estrutura: a lectura dun conto e a continuación un obradoiro sempre relacionado co contido dos libros. Nestes talleres poderán facer monicreques con calcetíns, monstros caseiros, botes de lapis, murais...
Aforamento libre e limitado
Recomendada para nenos maiores de 5 anos
A sesión durará aproximadamente 1 hora e 30 minutos
Datas: 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo
Hora: de 12.00 a 13.30 horas
Descargar todas as imaxes