mércores, 26 xaneiro 2011

Caballero anunciou a reedición do Pacto Local Polo Emprego na entrega de 400 diplomas do proxecto "Imos Traballar"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que convocará a empresarios y sindicatos para reeditar o Pacto Local polo Emprego, que foi asinado o pasado ano para fortalecer a contratación e facilitar a inserción laboral. O rexedor anunciou tamén reunións cos principais sectores productivos vigueses, como o naval ou a automoción, para dinamizar a economía e o emprego na cidade da man do Concello de Vigo.

O alcalde ultima a utilización da tarxeta verde do VITRASA nos barcos a Moaña

mércores, 26 xan 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este mércores co seu homólogo de Moaña, Xosé Manuel Millán Otero, e co tenente de alcalde, Víctor Pastoriza, para ultimar os detalles do acordo que permita á cidadanía empregar a tarxeta verde do VITRASA no transporte marítimo que une Vigo con Moaña. Caballero amosou o seu agrado pola iniciativa e destacou a "cooperación desinteresada do Concello de Vigo" cos municipios do área metropolitana.

Santi Domínguez presenta o congreso de Cirurxía Laparoscópica que reunirá en maio a 500 especialistas en Vigo

mércores, 26 xan 2011

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este mércores o X Congreso de Cirurxía Laparoscópica, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de maio nos centros social e cultural de Novacaixagalicia coa participación de 150 ponentes e máis de 500 especialistas. O tenente de alcalde destacou que se trata dun dos 9 congresos xa pechados para 2011, que traerán a Vigo máis de 8.000 persoas e un retorno económico superior aos 7 millóns de euros.

Xabier Alonso anuncia que máis de 150 asistentes participarán o venres na xornada "Deporte e municipio"

mércores, 26 xan 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores a xornada técnica "Plan Integral para a actividade física e o deporte: Deporte e municipio", que se celebrará o vindeiro venres, 28 de xaneiro, de 9 a 19 horas no centro social de Novacaixagalicia. O nacionalista destacou que o Consejo Superior de Deportes e a Federación Española de Municipios e Provincias, organizadores da xornada, farán que Vigo volva a ser "centro de reflexión e análise no eido deportivo", como xa foi o ano pasado co Forum FISU.

O concelleiro de Deportes felicita aos medallistas vigueses no Campionato de España de clubs de Taekwondo

mércores, 26 xan 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou os seus parabéns aos deportistas dos clubs vigueses Tao e Yidam, medallistas no Campionato de España de clubs de Taekwondo. En exhibición, categoría sénior, o Tao foi ouro, e un equipo formado por deportistas do Tao e do Yidam lograron o bronce. En exhibición, na categoría infantil, o club Tao tamén acadou a medalla de bronce.