Escoitar

O alcalde ultima a utilización da tarxeta verde do VITRASA nos barcos a Moaña

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este mércores co seu homólogo de Moaña, Xosé Manuel Millán Otero, e co tenente de alcalde, Víctor Pastoriza, para ultimar os detalles do acordo que permita á cidadanía empregar a tarxeta verde do VITRASA no transporte marítimo que une Vigo con Moaña. Caballero amosou o seu agrado pola iniciativa e destacou a "cooperación desinteresada do Concello de Vigo" cos municipios do área metropolitana.

mércores, 26 xan 2011
1296049753moana.jpg
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este mércores que Vigo e Moaña ultiman un acordo que permita aos usuarios empregar a tarxeta verde do VITRASA para pagar o barco entre ambos municipios.

Tras unha reunión co alcalde e o tenente de alcalde da localidade do Morrazo, Abel Caballero explicou que o obxectivo da negociación é implantar o mesmo sistema que xa opera nas conexións con Cangas, facendo posible o pago dos billetes co dispositivo do transporte urbano vigués.

Segundo explicou, os barcos que unen Vigo e Moaña contarán con pantallas que informen dos horarios e tempos de espera do autobús vigués, así como os transbordos que pódense facer nas paradas. Os tempos do transporte marítimo e urbano estarán coordinados, apuntou o socialista.

O alcalde vigués amosou a súa satisfacción polas negociacións para incorporar esta "vantaxe" ao transporte marítimo con Moaña e subliñou a "cooperación desinteresada do Concello de Vigo" cos municipios da área metropolitana.
Descargar todas as imaxes