mércores, 15 abril 2009

Benestar Social impulsa o primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega para acadar a integración

mércores, 15 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega co obxectivo de fomentar a integración real dos inmigrantes residentes en Vigo. A edil subliñou que o Plan, que esta tarde iniciará a súa andaina no Consello Municipal das Migracións, é necesario "para evitar problemas que moitas veces se dan nas sociedades de acollida dos inmigrantes".

A recollida de pistas da actividade "Acerta coa ilustración" iníciase o xoves na Casa da Xuventude

mércores, 15 abr 2009

A Concellería de Xuventude propón unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de 15 a 30 anos de idade, que consiste en respostar á pregunta "A que edificio pertence e en que rúa está a ilustración proposta?". As persoas que queiran participar poderán recoller na Casa da Xuventude mañá xoves 16 de abril a primeira pista das catro que se facilitarán para solucionar o reto.