Benestar Social impulsa o primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega para acadar a integración
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega co obxectivo de fomentar a integración real dos inmigrantes residentes en Vigo. A edil subliñou que o Plan, que esta tarde iniciará a súa andaina no Consello Municipal das Migracións, é necesario "para evitar problemas que moitas veces se dan nas sociedades de acollida dos inmigrantes".
María Méndez salientou que o Plan de Integración, Interculturalidade e Cidadanía, nome completo da iniciativa, "permitirá definir as accións políticas a desenvolver dende o Concello de Vigo en materia de inmigración e poñer en marcha accións que son vividas como necesidades para o colectivo". Asemade, sinalou que a igualdade, a participación e a interculturalidade serán os tres principios reitores deste proxecto, que consta de tres fases. A primeira delas durará de abril a xuño e se centrará no diagnóstico, "que require dun proceso de consulta social para identificar os problemas e necesidades dos colectivos de inmigrantes que están na nosa cidade". A concelleira sinalou que se vai falar con todos os colectivos e organismos implicados.
"Unha vez detectadas as necesidades, priorizaranse as máis sentidas polas persoas inmigrantes para que a administración poida actuar sobre elas", explicou a responsable de Benestar Social. A segunda fase do plan, que se desenvolverá de xuño a outubro, consistirá na elaboración propiamente dita do plan. A terceira "será a posta en marcha real do plan e dos seus mecanismos de avaliación", sinalou. A edil nacionalista indicou que no desenvolvemento deste proxecto "contaremos en todo momento coa participación do Consello Municipal das Migracións", que botou a andar en decembro do ano pasado.
Neste sentido sinalou que este Consello Municipal das Migracións dividirase en grupos de traballo para avaliar distintos aspectos, como a súa percepeción cando chegan a cidade, o eido educativo e o de información. María Méndez salientou que tamén se farán entrevistas no tecido social vigués, como asociacións veciñais, asociacións de nais e pais de alumnos, entre outros colectivos. "Este plan será o instrumento que permita a cidade conseguir un obxectivo fundamental para nós, como é a integración real dos inmigrantes na sociedade de acollida", destacou, ao tempo que engadiu que neste proxecto traballará a empresa Cidalia, que ten elaborado, entre outros, o Plan de Inmigración de Madrid.
Oficina Municipal de Inmigración
A concelleira de Benestar Social tamén fixo referenza ao traballo desenvolvido pola Oficina Municipal de Inmigración. Ao respecto explicou que a 31 de decembro de 2008 Vigo contaba con 16.342 inmigrantes, que representan o 5% da poboación. Asemade, sinalou que a Oficina atendeu 855 consultas (432 a mulleres e 423 a homes), resolveu 686 expedientes e realizou 1.000 visitas domiciliarias. Cuestións relacionadas co problema do arraigo centraron o 28% das consultas, realizadas sobre todo por persoas de 31 a 50 anos. "O equipo da Oficina Municipal da Migración realizou un traballo encomiable ao longo do ano", salientou a concelleira nacionalista, quen destacou que "agora xa non hai listas de agarda".
Descargar todas as imaxes