O alcalde agarda que Zona Franca "faga fronte á reparación das instalacións deportivas da etea" tras o informe do tribunal de contas
Abel Caballero valorou que o informe responde ao informado polos responsables xurídicos do Concello e "deixa as portas abertas de par en par" á colaboración do Consorcio coa cidade. O alcalde agarda que o Comité Executivo de Zona Franca cumpla o mandato do Pleno de estudar e acometer a reforma das instalacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou hoxe mércores que agarda que Zona Franca "faga fronte á reparación das instalacións deportivas da ETEA", unha vez o informe solicitado polo Consorcio de Vigo ao Tribunal de Contas "deixa as portas abertas de par en par" á colaboración da entidade coa urbe.
O rexedor valorou hoxe o informe que, na súa segunda recomendación, resposta ao informado polos servizos xurídicos do Concello de Vigo, que sinalaba que Zona Franca podía colaborar coa cidade.
O informe do Tribunal de Contas "facilita e posibilita" para o alcalde que Zona Franca de Vigo atenda á reparación das instalacións deportivas da antiga Escola Militar. Para Abel Caballero, o dictame do Tribunal establece "con toda claridade" que non hai ningunha recomendación taxativa que impida este tipo de actuacións, e incluso formula a posibilidade de conveniar a reforma.
O alcalde agarda que o Comité Executivo da Zona Franca atenda ao mandato do Pleno do Consorcio que o emprazaba a estudar e acometer o acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA.