venres, 17 abr 2009
A concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, presentou este venres a campaña TeleRecicla, para concienciar e informar á cidadanía sobre a separación de residuos. A iniciativa, de balde para o Concello, se inicia o próximo luns e contempla distribuir trípticos, instalar iglús informativos na rúa e visitas do persoal cualificado aos fogares que o soliciten. <br />
venres, 17 abr 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o novo Xerente, José Armesto, acordaron hoxe venres convocar ao Patronato de ProVigo para relanzalo en torno a catro eixos de actuación: a adaptación legal dos estatutos, os orzamentos, a revisión do Plan Estratéxico da Fundación e a potenciación de Peinador con vistas á saída da crise.
venres, 17 abr 2009
A concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, ven de presentar unha nova edición do programa "Vigo Camiño a Camiño" que comezará o domingo 26 de abril con dúas rutas polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Illas Cíes) e pola zona Fragoselo-Saians.
venres, 17 abr 2009
A Copa André Vergauwen, segunda competición europea de baloncesto en cadeira de rodas, disputarase en Vigo do 23 ao 26 deste mes nos pavillóns das Travesas e de Bouzas. Hoxe foi presentada a competición, que organiza o Aldasa Amfiv vigués con apoio económico de tenencia de alcaldía e da concellería de Deportes, entre outras institucións.
O Instituto Álvaro Cunqueiro faise co segundo premio, e o xurado outorga unha mención especial ao IES Santa Irene
venres, 17 abr 2009
O centro educativo Escolas Nieto vén de gañar o Premio Reconquista, que galardoa aos mellores traballos escolares sobre a efeméride histórica que este ano cumpre douscentos anos. Máis de vinte alumnos deste colexio, acompañados polos seus profesores, disfrutarán dunha viaxe a París, ao acadar o primeiro premio do certame, segundo o fallo do xurado.