luns, 8 set 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión terá como escenario a zona de As Travesas. Ao longo de toda a semana haberá actividades, concursos e obradoiros na Praza do Emigrante co obxectivo de dinamizar e facer atraínte á zona a nivel comercial.<br />
luns, 8 set 2008
A concelleira de Benestar, María Méndez, reafirmou hoxe na celebración do Día Internacional do Cooperante, o compromiso do Concello cos acordos internacionais en materia de cooperación. A concelleira anunciou que o seu departamento ampliará paulatinamente as partidas destinadas á cooperación co obxectivo de incrementar o apoio que desde o Concello se ven ofrecendo ás políticas dirixidas á erradicación da pobreza e as desigualdades no mundo.
luns, 8 set 2008
A IV edición do Trofeo Cidade de Vigo de baloncesto masculino dispútase este mércores no pavillón central das Travesas (20.00 horas) con formato de tres por un. Ovarense, campión de Portugal, Beirasar Rosalía, equipo santiagués de LEB Ouro, e o Gestibérica, conxunto vigués de LEB Prata, buscarán a vitoria despois de que nas anteriores edicións o torneo fose para o Breogán lucense (2004 e 2005) e o Gestibérica (2007).<br />