O Trofeo Cidade de Vigo de Baloncesto disputarase este mércores nas Travesas con entradas a 3 euros
A IV edición do Trofeo Cidade de Vigo de baloncesto masculino dispútase este mércores no pavillón central das Travesas (20.00 horas) con formato de tres por un. Ovarense, campión de Portugal, Beirasar Rosalía, equipo santiagués de LEB Ouro, e o Gestibérica, conxunto vigués de LEB Prata, buscarán a vitoria despois de que nas anteriores edicións o torneo fose para o Breogán lucense (2004 e 2005) e o Gestibérica (2007).<br />
Durante a rolda de prensa, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou que os trofeos Cidade de Vigo "estarán perfectamente supervisados" a partir de agora para darlles o carácter máis serio e competitivo posible, de acordo "cos clubs máis representativos", dixo. O concelleiro nacionalista explicou que o obxectivo é que "resposten ao interese deportivo".
O Concello quere que todos os investimentos nos torneos que leven o nome da cidade "se fagan con cabeza". E o edil asegurou que esta edición "cumpre coas expectativas". Nesta edición o Concello asumiu a organización do evento e encargoullo á Fundación Vigo en Deporte (VIDE), con seis anos de experiencia na organización de trofeos.
Ademais de coñecer o estado dos xogadores vigueses a nove días do inicio da temporada oficial, o torneo ten o aliciente de enfrontar ao novo adestrador do Gestibérica, Manuel Povea, co seu ex equipo, o Ovarense, ao que fai escasas datas fixo campión da Liga de Portugal.
Juan Manuel Vieites, presidente do Gestibérica, sinalou que é "unha honra" participar no torneo e anunciou todo o seu apoio ao mesmo "para que sexa un punto de referencia do baloncesto". Ademais, o dirixente enumerou as bondades dun torneo con rivais de pompa para o equipo de referencia da provincia.
A entrada custará 3 euros, mentres que os menores de 12 anos terán acceso gratuíto.
Descargar todas as imaxes