luns, 7 novembro 2005

A alcaldesa inaugurou a rehabilitada pérgola de Jenaro de la Fuente na alameda de Bouzas

luns, 7 nov 2005

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, inaugurou hoxe luns a reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente, emprazada na Alameda de Bouzas, o lugar onde ata hai pouco tempo estaba situada a farola centenaria que foi trasladada á Praza de Urzaiz. O Concello decidiu instalar en Bouzas a pérgola de Jenaro de la Fuente, que estivo emprazada na Praza de Portugal e antes da súa reconstrucción se atopaba repartida entre Castrelos e un depósito municipal, tras un encontro cos veciños de Bouzas, que deron o seu visto bo á decisión municipal.

Polo serán, entre as 17:00 e 19:00 horas, realiza visitas pola ría para todos aqueles que o desexen

O Concello pon a disposición dos cidadáns a goleta "Amorina" para pasear pola Ría

luns, 7 nov 2005

O Concello de Vigo pon a diposición dos cidadáns a goleta "Amorina" para realizar rutas turísticas pola ría. Todas as tardes, entre as 17:00 e 19:00 horas e ata a saída da Volta ao Mundo a Vela, todos aqueles cidadáns que o desexen terán a posibilidade de embarcar nesta goleta a pasear pola ría. Para acadar os tickets para realizar as rutas na goleta polo serán, deberán contactar coa naviera Mar de Ons nas súas oficiñas ou ben no teléfono 986 225272.