luns, 26 xaneiro 2004

Aprobado o Plan Municipal de Emprego

A Corporación Municipal aprobou , por unanimidade, o Plan Municipal de Emprego 2004-2007 , elaborado pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, como documento marco de referencias das políticas activas de emprego do Concello de Vigo para ese período.O principal obxectivo do Plan é favorecer a inserción laboral dos colectivos con maior dificultade de aceso ao mundo laboral.<br />

Mocións aprobadas na sesión plenaria

luns, 26 xan 2004

A Corporación municipal aprobou as mocións presentadas no Pleno sobre a ampliación de horarios na Biblioteca Central; a continuación de actividades no Centro Elduayen de Información; dotacións de servicios na Florida , licitación de proxectos de ampliación do saneamento en Zamáns e Valadares, entre outras.

Vigo participará na campaña da prevención das drogodependencias no ámbito laboral

luns, 26 xan 2004

O Concello de Vigo súmase á campaña de prevención dos problemas relacionados co alcohol dirixida aos sectores do mar e do transporte urbano de viaxeiros e que promove o Ministerio do Interior a través da delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Con tal motivo está convocada unha reunión o día 28 de xaneiro en Madrid cos técnicos responsables das cidades que se suman á campaña. Unha técnico da concellería de Mobilidade e Seguridade do Concello de Vigo asistirá á xuntanza .