Os alcaldes de Vigo e Pontevedra asinan unha declaración de colaboración institucional
”A coordenación das políticas que se desenvolven en Vigo e Pontevedra é a mellor fórmula para poder atender, de forma efectiva, as necesidades do seu desenvolvemento económico e social”, recolle a declaración de Lois Castrillo e Miguel Fernández Lores.
No documento asinado polos alcaldes de Vigo e Pontevedra explícase que o dinamismo xerado a partir deses centros urbanos suxiren a conveniencia de artellar o seu territorio máis próximo. As análises económicas realizadas nos últimos anos sinalan a área de Vigo-Pontevedra como a que conta coa industria, comercio e demografía máis dinámicos de Galicia. Ó redor de 600.000 persoas residen no territorio nucleado en torno a estas dúas urbes separadas por 20 minutos de viaxe.
Segundo a declaración institucional, a elaboración do Plan Estratéxico de Vigo e do Plan Director de Pontevedra constitúe unha oportunidade para determinar cáles son os aspectos nos que as dúas cidades poden asentar a súa colaboración no futuro. Ámbalas cidades reafírmanse na reclamación dunha conexión ferroviaria a través da alta velocidade co norte de Portugal e coas redes europeas que inclúa, ademais, servicios de cercanías entre Vigo e Pontevedra con frecuencias que cubran a crecente demanda dun transporte público eficiente.
O impulso ó transporte aéreo, a reducción da peaxe na autoestrada do Atlántico e a conexión de Pontevedra coa autovía Rías Baixas son tamén medidas básicas para facilitar as comunicacións nesa área e, xa que logo, o seu desenvolvemento económico.
Xunto ás demandas en materia de infraestructuras, Vigo e Pontevedra declaran a súa disposición a establecer estratexias conxuntas noutros eidos como o das políticas deportivas e ás dirixidas á mocidade, a potenciación da Universidade, a coordenación e complementariedade dos espacios industriais ou a valorización dos portos de interese xeral.
“Trátase de dar un salto cualitativo na colaboración institucional que alente aos axentes económicos e sociais a entender que Vigo e Pontevedra están a conformar un único espacio urbano que debe ter capacidade de influencia en toda a eurorrexión” explicou Lois Castrillo.
Fernández Lores sinalou que con esta declaración se pretende ”darlle cobertura institucional ó entramado socieconómico destas áreas para que sigan o camiño do desenvolvemento”.
Descargar todas as imaxes