Concello e Apicultores organizan o programa ” A cultura das abellas”
A actividade xorde a proposta da Asociación Galega de Apicultura que obtén o interese das concellerías de Medio Ambiente, Desenvolvemento local e Emprego e mais Patrimonio Histórico do Concello, que observan aspectos formativos, etnográficos e de educación medioambiental de extraordinario interese.
Xornadas de apicultura ecolóxica
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego entende que o programa aborda oportunidades de desenvolvemento local a través da dinamización dunha actividade económica complementaria doutras actividades. Así, a través das Xornadas de Apicultura Ecolóxica perséguese, dunha banda, a iniciación ó oficio de abelleiro e doutra a reciclaxe dos apicultores que xa traballan o mel e os seus productos. As conferencias que conforman o cursiño, de acceso libre e gratuíto, desenvolveranse no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura, a partires das 10,00h. segundo segue:
Sábado, 22 de setembro
“Novo concepto de sanidade apícola”. Ponente: Xesús Asorey, secretario técnico de AGA
Sábado, 29 de setembro
“O pole e os propóleos”. Ponente: Xosé Fernández, colleiteiro de pole
Sábado, 6 de outubro
Mesa redonda: “Dimensión económica e social da apicultura”. Participan: Xose Manuel Durán, director de Erica-Mel, Abel Yáñez, Presidente de AGA e Ignacio Ojea, Xefe do Servicio de Formación e Emprego do Concello de Vigo
Así mesmo, terán lugar dúas charlas co gallo do remate da actividade, o domingo 14 de outubro, no mesmo lugar e a partires das 11h., no que o etnógrafo Andrés Sampedro desenvolverá o tema “Os cereiros de Paraños”. A continuación, o Secretario do Museo de Pontevedra, Xosé Fuentes, tratará “Os exvotos de cera”.
Exposición temática
Pola súa banda, a Concellería de Medio Ambiente desenvolve, na sala de exposicións da Federación de Asociacións de Veciños, na Praza da Princesa, entre os días 8 e 14 de outubro, unha exposición temática na que se amosará diverso material divulgativo. A exposición distribúese no mundo das abellas, a flora, o mel, as construccións apícolas, o oficio de apicultor, o procesado da mel, e distinta e interesante bibliografía editada ó redor deste vello oficio. Os visitantes poderán coñecer os trebellos, útiles e ferramentas dos antigos abelleiros, realizar un percorrido histórico polas distintas colmeas que existen en Galicia, observar á varroa, un pequeno ácaro parasito das abellas ou descubrir unha colonia de abellas en vivo, a través da colmea de observación de cristal.
Obradoiros tradicionais
Finalmente, a Concellería de Patrimonio Histórico, a través do Centro de Artesanía Tradicional, súmase a esta actividade mercede o consustancial valor etnográfico do oficio de abelleiro. Así, o CAT desenvolverá os días 12, 13 e 14 de outubro, en que se celebrará a feira de mel artesá, organizada pola Asociación Galega de Apicultura na Praza da Princesa, talleres obradoiros na rúa.
O venres, 12 de outubro, ás 17,00h. na Praza da Princesa elaborarase unha pinga de mel. Mediante os equipos necesarios (extractor, madurador, desoperculador...) un abelleiro realizará unha extracción de mel, que reflicte unha melería típica de calquera pequeno productor.
O sábado, 13 de outubro, (ás 17,00h., na Praza da Princesa) un vello artesán, dos poucos que aínda fican en Galicia, construirá unha colmea tradicional ou cortizo. Unha das variantes é o cortizo con cuberta de palla, típico do sur de Galicia e norte de Portugal.
O domingo, 14 de outubro (ás 17,00h. na Praza da Princesa) terá lugar o obradoiro de cera de abellas. Entre os oficios de tradición pouco documentados o de cerería atópase case que esquecido. O traballo de cerería chegou a ter moita importancia no alumeado ata as primeiras décadas deste século, cando foi desprazado polo gas e a electricidade. Sen embargo, o oficio non desapareceu mercede ó seu vencellamento ó culto relixioso. No obradoiro, utilizando unicamente cera de abellas, elaboraranse velas por inmersión mediante técnicas tradicionais.
Feira de mel artesá
Pola súa banda, a Asociación Galega de Apicultura celebrará, durante os días 12, 13 e 14 de outubro, na Praza da Princesa, unha feira de mel artesán coa que se pretende relacionar directamente ós productores cos consumidores. Unha pequena representación de abelleiros da comarca e outros vidos de fóra exporán e porán á venda os seus productos, mel provinte de diferentes zonas de Galicia e producido de forma totalmente artesanal.
Descargar todas as imaxes