O Concello agarda o visto e prace da CPTOPV para derrubar os edificios da entrada de Doutor Cadaval e ampliar a rúa
O Concello de Vigo xa rematou os trámites expropiatorios dos dous edificios situados na confluencia da rúa Doutor Cadaval coa Porta do Sol. A expropiación foi necesaria para poder derrubar os inmobles, ampliar a rúa Doutor Cadaval e urbanizar esta zona situada en pleno centro de Vigo.
As obras previstas están só pendentes agora de que a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas ratifique as expropiacións. Se esa ratificación se produce nos próximos días, os traballos de derrubo e ampliación da rúa poderían principiar en outubro.
Licencia para as reparacións das vivendas do Gorxal
O Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu hoxe a pertinente licencia ao Instituto Galego da Vivenda e o Solo para que execute diversos traballos de reparación nas vivendas do grupo sindical do Gorxal. As obras, presupostadas en 42.632.350 pesetas, consistirán na reparación e impermeabilización das cubertas e na instalación de canalóns e baixantes pluviais. Con estes arranxos preténdese dar unha solución ao problema de humidades que sofren os edificios desta urbanización, construída hai máis de 40 anos.