O organismo autónomo municipal Vigo-Zoo convoca as prazas de director administrativo e capataz
O Consello de Administración de Vigo-Zoo acordou contratar un director administrativo e un capataz, en réxime laboral fixo, con cargo a postos vacantes do cadro de persoal do organismo. O sistema de selección será mediante concurso-oposición e os aspirantes deberán realizar unha proba psicotécnica, un exercicio teórico e un caso práctico.
O primeiro exercicio para o posto de director-administrativo consiste nunha proba psicotécnica de aptitude para o desenvolvemento dese traballo. Farase unha batería de test, cunha duración aproximada dunha hora, nos que se valorarán a intelixencia, sociabilidade, estabilidade emocional, responsabilidade, sentido práctico e seguridade en si mesmo. O exercicio teórico consistirá en contestar por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, catro temas elixidos ó chou pertencentes a cada parte do temario que figura no Diario Oficial de Galicia (18 de setembro de 2001) No terceiro exercicio desenvolverase por escrito un suposto práctico que proporá o tribunal sobre aspectos concretos do temario. Haberá tamén unha proba de coñecemento de idiomas.
Os aspirantes a capataz deberán levar alomenos dous anos de experiencia acreditada prestando servicios no zoolóxico. O sistema de selección será mediante concurso oposición e resérvase para promoción interna entre o persoal coa categoría de oficial que cumpra os requisitos sinalados nas bases.
O primeiro exercicio consistirá nun exame psicotécnico de aptitude mediante unha batería de test nos que se avaliará o nivel intelectual e o perfil de personalidade. O exercicio teórico será un exame sobre tres preguntas do temario (Diario Oficial de Galicia, 18 de setembro de 2001) e o práctico será a realización dun caso proposto. Haberá tamén unha proba de coñecemento de idiomas.