Últimos días da mostra sobre El Cid e obradoiros de música e baile galegos no Verbum
O Museo Verbum-Casa das Palabras acolle ata este domingo 10 de febreiro a exposición temporal "El Cid y su época", con motivo do oitavo centenario do "Cantar de Mio Cid". Ademais, o museo dedicará o mesmo domingo 10 e os días 17 e 24 de febreiro a unha serie de obradoiros de música e baile galegos.
A través de sete paneis expositivos ("Rodrigo Díaz de Vivar", "O Cantar de Mio Cid", "Un significativo episodio", "Cabaleiros e damas medievais", "As armas de guerra", "Polo camiño do Cid" e "Curiosidades") a exposición "El Cid y su época" traslada no tempo ao visitante, permitíndolle explorar a historia ao lado dos seus protagonistas e achegándoo á figura do Cid, cabaleiro medieval que encarna os máximos valores de lealdade, xustiza e xenerosidade.
A mostra "El Cid y su época" poderá vistarse ata o domingo no Verbum, en horario de 10.00 a 19.00 horas. A entrada é gratuíta.
En canto aos obradoiros de música e baile galegos, o do domingo 10, titulado "Bailamos a muiñeira", estará dedicado a este baile, así como á pandeireta, e servirá tamén para presentar aos asistentes o traxe galego de gala. O do domingo 17, "Bailamos a xota", será un obradoiro de xotas e pandeireta. Finalmente, o do día 24 permitirá aos participantes aprender un conxunto de cancións galegas e coñecer mellor a gaita.
Estes obradoiros están dirixidos a nenos e nenas a partir de tres anos e familias. O seu horario será de 12.00 a 13.30 horas e o prezo por participar, de 1 euro por asistente.