O Concello formaliza a cesión dos terreos do Centro de Saúde de Navia
Esta sinatura permite á Xunta de Galicia proceder á "inmediata" licitación de obra, que xa conta cun orzamento asignado. A cesión dos 4.200 m2 axilizará a construción dun Centro que atenderá a 30.000 persoas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, asinaron este xoves a escritura pública de cesión co director xeral de Recursos Económicos do SERGAS, Francisco Pais.