O Cineclub Lumière adéntrase na lenda de Billy o Neno
A programación de febreiro do Cineclub Lumière continúa este luns co filme "Requiem for Billy the Kid" ("Réquiem por Billy o Neno"), da realizadora francesa Anne Feinsilber.
"Réquiem por Billy o Neno" céntrase no acontecido en Lincoln, unha vila de 38 habitantes situada en Novo México, perdida no medio do deserto e intacta desde os tempos da febre do ouro. Lincoln só coñeceu un momento de gloria que forma parte da lenda do Oeste: o 14 de xullo de 1881, Billy o Neno foi asasinado por Pat Garrett, o shériff da vila. En 2004, o shériff Tom Sullivan decide abrir unha investigación para determinar se realmente foi Billy quen morreu ou, tal e como apuntan rumores persistentes, o foraxido terminou apaciblemente a súa vida nunha aldea de Texas cunha nova identidade.
"Réquiem por Billy o Neno" será proxectado en versión orixinal subtitulada, ao igual que os outros títulos cos que conforma a programación de febreiro do Cineclub Lumière. As proxeccións teñen lugar os luns a partir das 20.30 no Auditorio do Concello. O 18 poderase ver "Das Fräulein" (Fraulein), de Andrea Staka, e o día 25 o ciclo rematará con "Mala Noche", de Gus Van Sant.
Descargar todas as imaxes