Interior e a FEMP estudarán medidas contra a condución temeraria
O Secretario de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, accedeu á solicitude do Presidente da FEMP, Pedro Castro, de celebrar unha reunión extraordinaria da Subcomisión de Seguridade Vial da Comisión Estatal de Seguridade para estudar as medidas que se adoptarán para intervir con contundencia nos casos de condución temeraria en vías urbanas.
Na reunión, os responsables do Ministerio do Interior e dos gobernos locais abordarán o estudo dos plans de mobilidade nas cidades, a ordenación do tráfico e as ordenanzas municipais sobre esta materia.
Esta iniciativa tomouse a instancias do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen solicitou adoptar medidas comúns tras o último caso de condución temeraria acontencido na rúa Jenaro de la Fuente, no que faleceron dúas persoas.
A Comisión Estatal de Seguridade Local é un órgano paritario no que están representados os gobernos locais e o Ministerio do Interior, creado recentemente en virtude do convenio marco de colaboración en materia de seguridade cidadá e vial asinado entre ambos os organismos.
Policía Local como Xudicial
Por outra banda, a Comisión Estatal de Seguridade Local aprobou un convenio específico que servirá de modelo para establecer as relacións bilaterais que se subscriban entre os municipios e o Ministerio do Interior para concretar o exercizo das funcións de Policía Xudicial pola Policía Local.
O convenio marco establece os mecanismo axeitados para asegurar unha maior participación e coordinación operativa entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos da Policía Local que actúen nun mesmo termo municipal. Contémplase a posibilidade de que a Policía Local poida intervir como Xudicial, o que implica un substancial incremento do papel que desenvolven os concellos no tocante á seguridade cidadá.