Escoitar

Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación Municipal

venres, 23 nov 2007
Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás 09.00 horas do día 26 de novembro, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Acta anterior. (S.Ord. 24.09.07).

ALCALDIA
2.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 25.10.07 nomeando un concelleiro en réxime de dedicación exclusiva.

3.- Dar conta de escrito de aceptación de dedicación exclusiva dun concelleiro.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
4.- Aprobación inicial da modificación puntual da ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas no Casco Vello e Bouzas. Expte. 2758/407.

5.- Plan parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico. Interpretación da ordenanza 7 da zona de equipamento comercial e desistimento da modificación puntual núm. 4. Expte. 10476/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Nomeamento de membros da Corporación para integrar a Comisión de control do plan de pensións. Expte. 17851/220.

7.- Solicitude de compatibilidade dun concelleiro como profesor asociado da universidade de Valladolid.

8.- Incremento de contía da partida orzamentaria 121.0.150.0000 "productividade". Expte. 17792/220.

9.- Solicitude de implementación da partida de productividade da Escola Municipal de Artes e Oficios.

10.- Modificación do regulamento orgánico da comisión especial de Suxestións e Reclamacións e do Valedor do Cidadán.

ASUNTOS SOCIAIS
11.- Ratificación do acordo do Consello Municipal da Muller, relativo á súa composición. Expte. 3050/224.

MOCIÓNS
12.- Moción da Xunta de Voceiros relativa ó proxecto da cidade de Vigo para ser candidata á Universiada de Verán 2013.

13.- Moción da Xunta de Voceiros en apoio á petición internacional en prol dunha suspensión mundial da pena de morte.

14.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando o arranxo catro rotondas existentes no vial as Teixugueiras da urbanización de Navia.

15.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a posta en funcionamento do centro día para maiores "Atalaia".

16.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a intensificación de medidas na loita contra a violencia xénero.

17.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando tomar as medidas necesarias para o cumprimento da Lei de dependencia.

18.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando que na próxima relación de postos de traballo se incluan tres prazas para a Oficina da Inmigración.

19.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a apertura urxente dunha escola infantil na rúa Palencia no Calvario.

20.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando á Xunta de Galicia a modificar o decreto 48/2006 que regula o programa de vivenda en aluguer.

21.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular relativa ás medidas que dificultan o acceso á información dos expedientes municipais.

22.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a aprobación definitiva polo Pleno da modificación da ordenanza de ruidos e de zonas saturadas e á convocatoria da comisión de ruidos.

23.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ampliar a gratuidade no transporte público.

24.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a ampliación do recinto expositivo, aparcadoiro e accesos do IFEVI.

25.- Rogos e preguntas.