Escoitar

O alcalde reúnese co presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves co presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Manuel Vidal, para tratar asuntos de común interese, como a transferencia do parque do Goberno central á Xunta de Galicia e a elaboración dun plan de evacuación de emerxencia para as Cíes.

xoves, 22 nov 2007
1195740584illas221107.jpg
No encontro, Caballero e Vidal revisaron a situación do proceso de transferencia do Parque Nacional por parte do Goberno central á Xunta de Galicia, que culminará o próximo 1 de xaneiro e virá acompañado, segundo adiantou o alcalde, dunha probable reforma do propio Padroado.

Así mesmo, Abel Caballero indicou que o Concello potenciará as medidas de recollida selectiva de residuos sólidos nas Cíes, através dun proxecto que se está desenvolvendo nestes momentos.

Ademais, o alcalde anunciou que as Illas Cíes contarán cun plan de evacuación de emerxencia "antes do próximo verán". Segundo sinalou Abel Caballero, o Concello está elaborando este plan actualmente.
Descargar todas as imaxes