Escoitar

Proposta a autorización dos usos de restauración e hostelería no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propuxo por unanimidade este xoves ao Pleno a interpretación da Ordenanza número 7 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares no sentido de considerar que admite entre os seus usos autorizables os de restauración e hostelería.

xoves, 22 nov 2007
1195740707xeren221107.jpg
Este uso concíbese como dotación ao servizo do Parque Tecnolóxico e Loxístico dentro das parcelas de equipamento comercial reguladas na Ordenanza. O Consello da Xerenecia Municipal de Urbanismo considerou que o encaixe do uso de restauración e hostelería na Zona de Equipamento Comercial non debería ter dificultades, xa que estaría ao servizo do uso principal de innovación e industria que caracteriza ao Parque.

Ademais, o Consello da Xerencia acordou proporlle á Xunta de Goberno Local a aprobación inicial dos proxectos de urbanización do Polígono 3 do PERI IV-01 de San Roque e do Plan Parcial Gandariña.
Descargar todas as imaxes