Igualdade colabora na organización do XII Encontro Sindical da Muller "Sindicalismo feminino, logros e retos"
As taxas de ocupación feminina en Galicia, a presenza da muller na negociación dos convenios, a conciliación da vida laboral e familiar ou as medidas legais que existen ante as situacións de acoso son algúns dos temas que se tratarán no XII Encontro Sindical da Muller "Sindicalismo feminino, logros e retos", que terá lugar os días 22 e 23 de novembro no Hotel Coia.
Así o explicou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. No acto de presentación do encontro, a concelleira sinalou ademais que as xornadas tamén teñen o obxectivo de servir de chamamento á necesidade de integrar as mulleres no mundo laboral dun xeito "máis xusto".
"É fundamental que se aplique a lei de igualdade, porque supón a mellora da situación laboral, económica e social non só das mulleres, senón de toda a cidadanía", subliñou a concelleira, quen xunto ás secretarias da muller da CIG, CC.OO. e UGT participará na apertura das xornadas, o sábado 22 ás 09.30 horas.
Pola súa banda, a secretaria da Muller da CIG, Raquel Pazos, sinalou na súa intervención que nas xornadas se facilitará información sobre a situación das mulleres que desenvolven "un traballo remunerado". Elena Rodríguez, secretaria da Muller de CC.OO., engadiu que no encontro se analizará non só o papel que xogan as mulleres, senón tamén o papel "que queren desempeñar" para poder implicarse no mundo laboral "con todas as consecuencias que poida ter chegar a desempeñar cargos de responsabilidade con poder de decisión". Finalmente, a secretaria xeral da Unión Comarcal de UGT, Olga Alonso, subliñou a importancia que ten o feito de que as xornadas sindicais sexan froito do acordo das secretarías da muller dos tres sindicatos.
O sábado día 22, ás 10.00 horas, terá lugar un relatorio sobre as taxas de ocupación feminina en Galicia, a cargo de Natividade López, do gabinete técnico da CIG. Ás 11.00, a secretaria xeral de Confía de Galicia, María Xosé Ferreiro, falará sobre a presenza da muller na negociación dos convenios. Ás 12.15 horas terá lugar a representación da obra de teatro "Rotas", un alegato contra a violencia de xénero a cargo da compañía Pífano.
O domingo 23, a xornada comezará ás 09.30 horas cunha mesa redonda na que participarán Pilar Seoane, secretaria de Emprego, Servizos e Administracións Públicas de CC.OO.-Vigo, e continuará ás 10.30 coa intervención da técnica en prevención de riscos laborais de UGT-Vigo, Yolanda Rodelgo. Tras a posta en común das conclusións, ás 13.00 horas, a secretaria xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta, Carme Adán, clausurará as xornadas.
Descargar todas as imaxes