Escoitar
Xuventude e Igualdade

Obradoiro "Supervivencia doméstica para adolescentes"

<br />

venres, 23 nov 2007
As concellerías de Xuventude e Igualdade do Concello de Vigo colaboran na organización do Obradoiro de Supervivencia Doméstica para Adolescentes que terá lugar o vindeiro 5 de decembro.

O obradoiro pretende axudar aos/ás adolescentes a fomentar a autonomía persoal no ámbito doméstico e a potenciar a igualdade e a eliminación de estereotipos sexistas.
O obradoiro será teórico práctico e os/as participantes aprenderán a realizar unhas receitas de cociña que ao final da actividade degustarán.

Os rapaces e as rapazas que teñan interese en participar e teñan entre 12 e 18 anos de idade poden inscribirse na Casa da Xuventude ata o día 3 de decembro.

- Inscricións: Ata o día 3 de decembro na Casa da Xuventude. Rúa López Mora, 31. Teléfono 986 294 806 ou ben no Punto Xove sito en López de neira nº 27.

- Lugar de realización do obradoiro: Centro Social de Coia, rúa Cangas,1.

- Horario: 16.00 a 20,30 horas.

REQUISITOS:
*IDADE: 12 a 18 anos
* Estar empadroado ou empadroada no Concello de Vigo
*Os e as participantes deben vir provistos/as dun coitelo ceboleiro e unha táboa de corte.
A actividade, na que colabora o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia, é totalmente gratuíta e as prazas son limitadas. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ás prazas que se ofertan, farase a selección segundo orde de recepción destas.