Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 23 nov 2007
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 26 de novembro, dez minutos despois do remate da sesión plenaria, convocada para o mesmo día, en primeira convocatoria, e vinte minutos despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Acta da sesión ordinaria do 15 de outubro de 2007.

BENESTAR SOCIAL
2.- Rectificación do punto 3º das Bases de Axudas municipais escolares de libros e comedor nos centros públicos e con concerto pleno. Expte. 26542/301.

DEPORTES
3.- Solicitude do Comesaña Sporting Club de autorización para realizar o XXIX Memorial Belarmino Alonso o día 2.12.07. Expte. 7293/333.

FESTAS E A.SOCIOCULTURAL
4.- Dereitos de autor da programación do servizo de Animación sociocultural para o ano 2007. Expte.- 2342/335.

INVESTIMENTOS
5.- Proposta de autorización á Aqualia FCC Vigo UTE para contratación dun técnico para o posto de director de explotación-director do Plan de emerxencia da Presa de Zamáns. Expte. 44448/250.

MEDIO AMBIENTE
6.- Proxecto de mellora ambiental do río Lagares (tramo avda. Madrid-Estrada do Aeroporto): recuperaicón de marxes, eliminación de verquidos e adecuación para o uso público.Expte. 5536/306.

MULLER
7.- Convalidación de gasto por importe de 8.608,22 € a favor da Asociación de Mulleres Progresistas pola prestación do servizo de atención domiciliaria á infancia. Expte. 3075/224.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
8.- Dar conta da fusión por absorción de Servicios y Procesos Ambientales S.A. a Conservación de Infraestructuras Urbanas S.A. (obras de mellora de saneamento de Zamáns)Expte. 2034/241.

9.- Dar conta da fusión por absorción de Imesapi S.A. a Api, Aplicaciones de Pintura S.A. (execución e mantemento da sinalización horizontal e vertical do termino municipal de Vigo)Expte.2033/241.

10.- Revisión de prezos do contrato do servizo de vixilancia dos centros cívicos dependentes da Concellería de Participación Cidadá. Expte. 1345/321.

11.- Resolución de contrato de de obras do edificio Cambón coa empresa Oreco S.A. Expte. 2189/101.

12.- Solicitude de D. Juan J. Paz Rodríguez de descatalogación do camiño rúa Senra como vial público. Expte. 17372/240.Desestimada.

13.- Proposta de autorización para a ocupación de dominio público para entrada de vehículos á finca nº 52 do Paseo Cronista Alvarez Blázquez.. Expte. 3487/446.

14.- Revisión de prezos do contrato de prestación da asistencia de colaboración na xestión catastral delegada do Concello de Vigo. Expte. 528/500.

PATRIMONIO HISTÓRICO
15.- Proxecto de convenio de colaboración para o financiamento da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo no ano 2007. Expte.3817/307.

PERSOAL
16.- Indemnización por xubilación anticipada do funcionario laboral (oficial desinfector) D. Ricardo González Arzúa. Expte. 17765/220.

17.- Convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación o posto de xefe do Servizo de Fiscalización. Expte. 17877/220.

URBANISMO
18.- Aprobación inicial do Proxecto de urbanización polígono 3 do PERI IV-01 San Roque A. Expte. 4719/401.

19.- Aprobación inicial do Proxecto de urbanización do Plan Parcial Gandariña. Expte. 4752/401.

20.- Proposta de aprobación provisional de axuda para a rehabilitación da vivenda sita en Rúa Teófilo Llorente 69,1º. Expte. 347/431.

XUVENTUDE
21.- Proposta de concesión das subvencións para o fomento de actividades xuvenís no exercizo 2007. Expte. 1845/336.

22.- Rogos e preguntas.