O alcalde e o ministro de Cultura anuncian que Vigo contará con biblioteca do Estado
O alcalde, Abel Caballero, e o ministro de Cultura, César Antonio Molina, mantiveron este mércores en Vigo unha reunión tras a cal anunciaron o establecemento dunha biblioteca do Estado na nosa cidade.
Caballero referiuse á biblioteca do Estado como "unha reivindicación histórica" do Concello vigués, polo que agradeceu "a vontade e o compromiso" do ministro, quen pola súa parte cualificou de "xusta" a demanda neste sentido dunha "cidade tan importante" como Vigo.
César Antonio Molina explicou que nestes momentos o Ministerio de Cultura ultima un plan de bibliotecas do Estado para grandes cidades que non son capitais de provincia, dentro do cal "en primeiro lugar está Vigo".
Caballero indicou que o Concello vai pór a disposición do Ministerio de Cultura un edificio que sirva, unha vez rehabilitado, para acoller a biblioteca do Estado ou, de non ser así, un solar onde esta infraestrutura se poida construír.
O ministro adiantou que volverá a Vigo en setembro ou outubro para coñecer de primeira man a posible situación da biblioteca e para asinar o acordo entre o Ministerio e o Concello para o seu establecemento.
A recepción do ministro tivo lugar na sede da Alcaldía na rúa Areal e contou coa asistencia de varios membros da Corporación Municipal, quen xunto co alcalde acompañaron a César Antonio Molina na súa posterior visita á exposición "As misións pedagóxicas" na Casa das Artes.