Escoitar

Espectáculo didáctico teatral "O Rei dos mares"

O servizo de Educación e a Compañía Thepinga Teatro organizan os días 4 e 5 de Xuño, no Auditorio Municipal o espectáculo didáctico-teatral "O Rei dos Mares", especialmente creado para escolares de educación primaria.

venres, 1 xuñ 2007
1180702272teatro.jpg
"O Rei dos Mares" achega de xeito ameno os nenos/as ao gusto polo teatro espertando a súa sensibilidade. A sinopse da obra preséntanos a Quintiño coma un neno moi imaxinativo que polas noites antes de saír a navegar no barco do seu avó "O Rei dos Mares", mergúllase nunha viaxe ao mundo dos soños. Alí, no océano infinito da imaxinación, distínguense dúas illas: a dos "Felices Soños" protexida polo Gobernador Zeta e o seu fillo Felicio –gardián dos soños-, e a illa "Esperta!" resida polo peor inimigo de todos os durmintes: Pesadelo ...

Ao longo das catro sesións matinais programadas ás 10,00 e 11,30 hs respectivamente, 786 escolares de educación primaria e educación especial acompañados de 62 docentes pertencentes a 24 centros de ensino da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar do referido espectáculo teatral, ofertado no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro". Todos os centros de ensino participantes dispoñen para o seu traballo na aula, dunha unidade didáctica que recolle os obxectivos a acadar e a proposta de actividades didácticas.

Os centros de ensino participantes son os seguintes: C. Mercantil, Ceip A Paz Tintureira, C. Losada, C. Compañía de María, C. Carmelitas, C. Marcote, CEIP Sobreira, C. Ntr. Sra. Esperanza, CEIP Ramón y Cajal, CEIP Eijo Garay, CEIP Balaídos, C. Escolas Nieto, CEIP Mestres Goldar, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Escultor Acuña, CEIP Doutor Fléming, C. Quiñónes de León, CEIP Canicouba, CEE Menela, CEE Saladino Cortizo, C. Santa Cristina, CEIP Igrexa Valadares, CEIP Javier Sensat e C. Alborada.

A Compañía Thepinga Teatro fundouse profesionalmente no ano 2000, sendo a súa primeira montaxe "historias breves". Dous anos máis tarde, en Outubro do 2002 levan a escea "Ligazón" de Valle Inclán. Posteriormente:
Xullo 2003: "Urbe" (comedia para adultos) de Miquel Condal e Suso Pando
Novembro 2004: "Kasting" (obra pequeno formato) de Miquel Condal e Suso Pando.
Abril 2004: "Alegoría do viño" (espectáculo presentación para a Feira do viño de Amandi) de Miquel Condal e Suso Pando
Marzo 2005: "Invocación ó viño de Amandi" ( espectáculo presentación para a Feira do viño de Amandi) de Miquel Condal, Suso Pando e Carmen Buendía.
Abril 2005: "Urbe versión 2.0" (segunda parte da comedia con nova escenografía e máis gags) de Miquel Condal e Suso Pando
Decembro 2005: "O Rei dos Mares" ( montaxe infantil) de Miquel Condal e Suso Pando
Descargar todas as imaxes