Escoitar

Novo horario do Verbum para as actividades de xuño

A partir do sábado 1 de xuño, o Museo Verbum-Casa das Palabras modifica o seu horario pasando a abrir de 10.00 a 21.00 horas de martes a domingo. Debido a este cambio, as visitas comentadas para público xeral á exposición de Andy Warhol serán ás 20.00 horas de martes a venres, e ás 12.00 e 20.00 horas dos sábados, domingos e festivos.

venres, 1 xuñ 2007
1180686547verbum06.JPG
Dentro da programación de xuño do Verbum destacan os obradoiros para nenos que se realizarán os domingos ás 12.00 horas baixo o lema "Trasnadas coas palabras", e a actividade "Vive o rol no Verbum", consistente en partidas de rol que terán lugar os venres 1, 8 e 15 de xuño de 16.00 a 20.00 horas. Esta actividade culminará cunha partida de rol en vivo a partir da medianoite do venres 22 para o sábado 23.

Ademais, o Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organizará nas dependencias do museo o II Seminario Galego de Etnografía, os sábados 2, 9 e 16 de xuño de 10.00 a 13.30 horas. Neste seminario, o doutor en antropoloxía social José Antonio Fifalgo Santamariña achegará aos asistentes os saberes dos nosos devanceiros a través dos seus oficios e habilidades tradicionais.

Máis información en www.verbum.vigo.org, en verbum@iservicesmail.com e no 986 240 130.


Descargar todas as imaxes