A nova etapa na política xuvenil persegue implicar a máis xoves
A ampliación do horario da Casa da Xuventude, que se poderá utilizar ata as 9 da noite, a apertura dun Punto de Información estable na rúa Uruguai e a unificación das actividades da concellería baixo un único símbolo son tres dos elementos máis visibles nos que se sustancia a nova etapa deste departamento municipal e que presentou hoxe o concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez.
Ademais da ampliación dos horarios dos espacios, irán producíndose outras novidades como a creación dun portal xuvenil na rede, no que se incluirá boa parte do potencial informativo do departamento, o que permitirá reestructura-lo enfoque actual dos servicios de información e asesoramento que de momento só se prestan de xeito presencial. Tamén se prevé unha canle específica para o contacto directo entre os cidadáns e o concelleiro.
A Casa da Xuventude estrea nova sinalización, que inclúe un monolito de lona no seu exterior para aproveita-la visibilidade do edificio desde a rúa López Mora, pero de maneira sutil para non deteriora-lo seu engado arquitectónico. O novo símbolo, que complementará e non competirá coa imaxe corporativa do Concello, servirá para unifica-la gran cantidade de actividades e referencias xeneradas por este departamento.
Tamén se está a traballar no deseño e realización de puntos informativos porpios destinados ós centros de ensino, de tal xeito que os estudiantes conten con información puntual sobre os servicios e propostas da concellería.
O local de ensaio para grupos- unha das iniciativas de máis éxito- está desbordado pola demanda, polo que outra das prioridades para este ano foi contar cunha nova instalación, que se materializará nos próximos meses e ofrecerá un conxunto de tres locais con algúns servicios comúns. O proxecto, rebautizado como ”Toca Vigo” compleméntase con iniciativas paralelas para fomenta-los concertos e a interrelación entre os grupos, impulsando así a cultura musical de base.
A política xuvenil, un observatorio permanente
Escoitar de maneira permanente ós mozos é o máis sustancial do cambio experimentado na xestión dos asuntos relacionados coa xuventude, que se ven fraguando de dous anos a esta parte.
A nova fase que se iniciou o 1 de marzo ten como obxectivo consegui-la implicación dun maior número de persoas nas actividades que se programan, e mesmo novas propostas de acción, xa que as coordenadas políticas seguirán sendo a participación e a total apertura ás demandas dos mozos.
A conexión municipal coa xente moza conta xa con novedosas iniciativas de éxito enxergadas nos últimos anos, como Noites Vivas, o local de ensaio para grupos de música, as brigadas verdes para atallar algúns efectos nocivos da ”movida nocturna” ou ”Móvete con Vigo”, unha plataforma aberta de propostas de acción.
Tamén se potenciaron os servicios de información e asesoramento sobre emprego, viaxes, e educación, que se fóron complementando con outros sobre sexualidade, drogas, asociacionismo, voluntariado e vivenda.
A rexeneración do Monte do Castro -ademais das Brigadas Verdes- mereceu atención a través do programa Súbete ó Castro, escenario dun conxunto de iniciativas que teñen como epicentro o cíbercastro.
Outras áreas nas que se traballa son as 4 ludotecas, con variadas actividades para os máis pequenos: as exposicións de arte co programa ”Mirarte”, plataforma para o lanzamento de artistas noveles.
As respostas que a cidade ofrece ós mozos están, por tanto, moi vencelladas ás súas inquedanzas, que se materializan sobre todo en ofertas de información e actividades, abordadas desde unha óptica global e interrelacionada con outros departamentos e servicios.
Descargar todas as imaxes