Lilian Álvarez: ”O sector turístico de Vigo debe apostar pola formación”
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, inaugura as xornadas sobre ”O sector turístico como motor económico” que se desenvolverán esta semana na Escola de Estudios Empresariais. ”Vigo é a cidade con maior infraestructura hostaleira de Galicia, cunha oferta superior ás 4.600 prazas, que manteñen 2.400 empregos”, explicou Álvarez.
Vigo dispón tamén de 630 restaurantes, 320 cafeterías e 2.100 bares, que xeran outros 4.200 empregos fixos e que se van ver beneficiados polo arrastre económico que produce o turismo.
A Concellería de Turismo de Vigo, consciente de que o sector turístico xa se consolidou como o terceiro sector económico da cidade en aportación ó PIB e ó emprego, desenvolveu diversas actuacións enmarcadas nun plan de acompañamento para fortalecer as estructuras básicas da actividade turística na cidade, tanto na oferta como na promoción e formación, mediante plans de calidade, campañas en orixe, creación e fortalecemento de imaxe de marca.
”O sector turístico de Vigo debe apostar pola formación en tódolos ámbitos, tanto na xestión de empresas e na comercialización, como no coñecemento de idiomas e no manexo de novas tecnoloxías”, explicou Lilian Álvarez.
Vigo dispón dun notable turismo de praia, pero terá que consolidar os turismos verde, de congresos, náutico e de golf, productos turísticos que se corresponden cos elementos positivos do contorno. ”A calidade dos recursos naturais e a mellora da accesibilidade permitiranos medrar e xerar máis recursos económicos, sempre que sexamos capaces de introducir melloras tecnolóxicas e unha maior vinculación cos turoperadores”, afirmou a concelleira.
O turismo é un dos sectores con máis saídas profesionais, xa que acapara máis do 11% do emprego de España. Esta capacidade de emprego só poderá manter o seu ritmo se se especializan os recursos humanos mediante unha oferta educativa máis extensa que permita acceder a calquera posto desta actividade, desde director de hotel a guía turístico, segundo afirman os expertos.
Álvarez quixo facer un chamamento ás autoridades autonómicas para que, de maneira urxente, poñan a disposición do sector incentivos que impulsen a creación de proxectos privados que complementen as necesarias actuacións públicas na ordenación, valoración e comercialización dos recursos turísticos que ofrece Vigo.
Descargar todas as imaxes