Escoitar

José Riesgo, nomeado secretario xeral adxunto do Concello

venres, 1 mar 2002
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, asinou o decreto no que nomea secretario xeral adxunto do Concello a José Riesgo Boluda, funcionario de habilitación nacional e ata agora secretario do Concello de Cangas. José Riesgo cubrirá a vacante deixada por Javier Martínez, que recentemente abandonou a Administración municipal para traballar nunha empresa privada.

O nomeamento de José Riesgo realízase en comisión de servicios de carácter temporal. O novo secretario adxunto tomará posesión do seu posto o vindeiro luns día 4.