”Manifesto” pecha o Festival de Teatro Alternativo, que gozou da implicación do público nos espectáculos
O Festival de Teatro Alternativo chega o venres, 1 de marzo, á recta final coa posta en escena de ”Manifesto” do grupo Tongo. A cita será no auditorio municipal ás 21:00. A concelleira Isaura Abelairas destacou ”o entusiasmo e a implicación do público durante as representacións”.
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural patrocinou este primeiro Festival de Teatro Alternativo coa pretensión de provocar a curiosidade do público e achegar cinco propostas de espectáculos non convencionais. ”Trátase doutra forma de divulgar o teatro con compañías que actúan fóra dos circuítos e rompen coas normas establecidas”, explicou a concelleira. ”Pódelle gustar ou non, pero o público non queda indiferente”, dixo Abelairas.
Un dos organizadores, Roberto Taboada, sinalou a grande afluencia de público, a receptividade ás propostas e as críticas favorables buscando a continuidade deste festival. O interese dos espectadores demostra a existencia dunha demanda real de teatro non convencional, explicou Taboada.
Os grupos Solo y Cía, Los Cafiolos, Akatt, Noescafé teatro e Tongo foron os encargados de propoñerlle ó público de Vigo outro xeito e fondo do teatro a través de obras representadas por primeira vez en Galicia. As sesións tiveron unha media superior ós 200 asistentes, dos que o 75% repetiron, o que favorece a creación de públicos e a súa fidelidade.
Última función
Tongo é unha compañía nova que nace co obxectivo non tan novo de facer rir. Os seus compoñentes formaron parte de grupos como ”Uroc teatro” ou
”Torrijas de cerdo” e estudiaron con mestres como Philippe Gaulier, Antonio Fava e Antonio Malonda.
Tomás, Nacho e Goyo son tres personaxes sinxelos e o único obxectivo das súas vidas e darse a coñecer ó mundo para compartir as súas ideas cos que queiran escoitalas. Para iso usarán a expresión artística facendo unha das montaxes teatrais máis complexas do teatro universal: Edipo Rei.
Actores: Francisco Bustos, Iván Villanueva, Antonio Muñoz
Iluminación: Rafa Catalina
Escenografía: Uroc Teatro
Vestiario: Juan Margallo
Dirección: Olga Margallo
Descargar todas as imaxes