51 expositores participan na exposición da Camelia
Esta fin de semana a cidade de Vigo acollerá o concurso exposición da Camelia na súa trixésima oitava edición que organiza a concellería de Cultura en colaboración coa Fundación Caixagalicia. O certame persegue a exaltación da camelia como flor característica e típica das Rías Baixas.
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, manifestaba hoxe en rolda de prensa que nos últimos quince anos o certame languideceu e que nesta edición conseguiuse unha alta participación, en relación ós anos anteriores, con 51 expositores inscritos.
Os expositores poderán presentar flores pertencentes a calquera variedade da camelia: xapónica, reticulada ou outras especies, así como calquera híbrido destas. Admitirase calquera forma de flor, dende a sinxela ata a dobre formal, e tódalas formas intermedias.
Os actos da exposición terán lugar os días 2 e 3 de marzo no Lonxa do Concello. O sábado dende as 9 da mañá e ata as 14 horas realizarase a montaxe dos expositores: ás cinco da tarde o xurado visita a exposición e ás sete abrirase ó público e inaugurarse coa lectura do dictame do xurado no Auditorio Municipal. O domingo entregaranse os trofeos e realizaranse demostracións de arte floral. Ese día a exposición permanecerá aberta ó público dende as dez da mañá ata as dez da noite.
Este ano tamén se recupera unha tradición como é o concurso de escaparates no que participarán 26 establecementos comerciais de Vigo. O xurado, que visitará os diferentes escaparates durante a mañá do venres día 1, valorará a creatividade, novidade e composición con calquera variedade da camelia. Concederase un primeiro e un segundo premios. El Corte Inglés participa nesta modalidade fóra de concurso cun escaparate de 6 metros.
Descargar todas as imaxes