O turismo como motor económico centra as ” II Xornadas de Turismo”
A concellería de Turismo e a Universidade de Vigo organizan as ”II Xornadas de Turismo” que se celebrarán do 4 ó 8 de marzo nas dependencia da Escola Universitaria de Estudios Empresariais e que se centrarán na análise do sector turístico como motor económico. Tanto o Concello como a Universidade consideran que é imprescindible dotar á actividade turística de datos rigorosos que permitan detectar as necesidades deste sector tan importante para a economía da cidade.
A concelleira de Turismo, Lilian Alvarez, manifestou durante a presentación das xornadas que ”a consolidación do turismo como terceiro sector económico de Vigo e as súas necesidades de desenvolvemento demandan a apertura de foros de debate onde participen os principais axentes do sector”. A concelleira engadiu que se ”deberá apostar pola formación de tódolos ámbitos, tanto na xestión de empresas e a comercialización, como no coñecemento de idiomas e o manexo de novas tecnoloxías”.
Pola súa banda, Patricio Sánchez Bello, decano da Escola de Estudios Empresariais da Universidade de Vigo, informou sobre os contidos e ponentes das xornadas que analizarán o sector turístico como motor económico.
No inicio das xornadas, luns día 4, tratarase o tema de ”Vigo como atractivo turístico: cultural, deportivo e feiras” que defenderán Carlota Álvarez Basso, directora do MARCO: Jose Ángel Otero Lamas, director do IME, e Rubén López, director do IFEVI.
As conferencias do martes serán ”Estatística e Turismo” de Antonio Vaamonde Liste, profesor da Escola de Empresariais da Universidade de Vigo, e da ”Importancia de medir a satisfacción do cliente no sector turístico” falará Teresa Villagarcía Casla, subdirectora do Máster de Calidade da Universidade Carlos III.
Os asuntos que se analizarán o xoves 7 de marzo son o ”Turismo rural e desenvolvemento sostido” a cargo de José Antonio Pérez Rubio, da Facultade de Estudios Empresarias e Turismo da Universidade de Extremadura: e ”O Mercado turístico transfronteirizo: Galicia-Norte de Portugal” por Francisco Sampaio, presidente da Rexión de Turismo do Alto Miño.
As xornadas rematarán o día 8 con tres conferencias. A primeira estará a cargo de Jorge González Gurriarán, profesor da Escola de Empresariais da Universidade de Vigo que falará sobre ”Turismo en Vigo e a súa área: aproximación a un diagnóstico estratéxico e propostas”. ”Turismo urbano” é o título da segunda conferencia que estará a cargo de Moisés Jorge Naranjo, director xerente do Consorcio de Turismo de A Coruña. A última conferencia a pronunciará Ángeles Antón Vilasánchez, directora xeral de Turismo da Xunta e que falará sobre ”O turismo en Galicia hoxe”.
As xornadas serán clausuradas polo rector da Universidade, o conselleiro de Turismo da Xunta e a concelleira de Comercio e Turismo do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes