O túnel das Avenidas prolongarase para reducir o tráfico do Areal e aumentar as zonas verdes
O Concello procederá á ampliación do túnel das Avenidas para conectalo coa autoestrada A-9 e co barrio de Teis cos obxectivos de reducir o tráfico do Areal e incrementar os espacios verdes e peonais da cidade. O domingo, 3 de marzo, o túnel pechará ó tráfico para principiar as obras.
As recomendacións para os cidadáns mentres dure o corte de tráfico no túnel durante os primeiros meses da obra son a utilización do transporte público para facer desprazamentos e o uso do vehículo particular só cando sexa indispensable. Está a disposición de tódolos cidadáns a tarxeta verde do transporte, un xeito cómodo e económico de usar os autobuses urbanos de Vigo.
Os vehículos pesados terán o paso prohibido pola zona comprendida entre o Berbés e o Areal. Os itinerarios alternativos estarán convenientemente sinalizados.
O novo vial absorberá 30.000 vehículos diarios e desconxestionará o tráfico nas zonas de Isaac Peral, García Barbón e do Areal. Esta obra de prolongación do túnel das Avenidas será unha solución para axilizar o tráfico na franxa marítima da cidade, incluída no proceso de recuperación do litoral para o goce dos vigueses.
A remodelación das Avenidas, Pazo de Congresos, mellora do Berbés e paseos da Guía, Bouzas e Alcabre son outras das actuacións que contribuirán a destinar a marxe da ría para o lecer.
Descargar todas as imaxes