Un programa de Emprego mellorará a ocupabilidade de 200 mulleres con dificultades de inserción laboral
A Comisión de Goberno aprobou o procedemento de selección de persoal técnico, directivo e administrativo do programa ”Asiste” que facilitará a mellora da ocupabilidade de 200 mulleres con dificultades de inserción laboral que reforzarán os servicios de atención a maiores e infancia.
O programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Concello de Vigo, dispón dun orzamento de 879.994,13 euros (146.418.704 pesetas) e permitirá contratar 12 persoas durante un ano. Un coordinador do programa, seis técnicos de orientación laboral, dous técnicos de autoemprego, un técnico en administración e dous auxiliares administrativos serán os encargados de darlle emprego a 200 mulleres, maiores de 45 e menores de 25 anos, sen cualificación profesional e con máis dun ano en situación de desemprego.
As beneficiarias serán instruídas en atención domiciliaria e atenderán a persoas maiores e nenos, ademais de contribuíren á consolidación dunha rede de colaboradores.