Escoitar

A construcción dunha rotonda mellorará o tráfico no comezo da avenida Atlántida

luns, 4 mar 2002
O Goberno municipal deu hoxe a súa autorización para que comecen os traballos de construcción dunha rotonda na intersección das rúas Paulino Freire, Avda. Atlántida, Camilo Veiga e Rocío, un punto conflictivo actualmente para o tráfico.

Coa rotonda que se vai construír converterase nunha pequena praza o que agora é só un cruce: proporcionarase máis seguridade aos vehículos que circulan pola zona: gañarase en fluidez da circulación e ademais poderase implantar o carril bus na rúa Paulino Freire, o que acurtará o tempo de viaxe dos autobuses urbanos que pasan pola vila de Bouzas.

A construcción da rotonda non vai supoñer un gasto para o Concello xa que o Goberno municipal impuxo a execución desta obra á promotora que acaba de edificar nese ámbito.