Turismo presenta "Vigo Escapadas" na World Travel Market de Londres
Turismo de Vigo e o Patronato de Turismo Rías Baixas presentan mañá no World Travel Market (WTM) de Londres o programa Vigo Escapadas. Vigo Escapadas é un conxunto de paquetes turísticos impulsados pola Asociación de Hostelaría de Vigo (Ahosvi), co apoio da Concellaría de Turismo de Vigo e do Padroado de Turismo Rías Baixas, que permite descubrir catro formas de coñecer a cidade: Vigo golf, Vigo náutica, Vigo gastronomía e Vigo cultural.
Turismo de Vigo espera incrementar nun 10% o número de visitantes a cidade grazas ós catro paquetes turísticos. Ademáis, o programa proxectará a imaxe de marca da cidade e a potenciará como destino turístico de calidade. A oferta variada busca desestacionalizar o turismo na cidade, para que haxa un fluxo continuo de visitantes durante todo o ano.
Despois da presentación de Vigo Escapadas en Portugal a mediados do mes de outubro, Turismo de Vigo considerou que o World Travel Market era a acontecemento perfecto para promocionar a cidade e o programa pola repercusión do evento, non só en Gran Bretaña, se non en todo o mundo. A World Travel Market é a feira de eventos turísticos máis importantes do mundo. O WTM comezou hoxe e estará aberto ata o próximo xoves día 9 na capital británica. No 2005, acudiron á feira londinense de turismo 202 países e 48.211 profesionales do sector. A organización espera que este ano se incremente os visitantes considerablemente.