Escoitar

Corina Porro entrega copias de fotografías de Pacheco a familiares e amigos dos retratados

A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe luns copias das fotografías do Arquivo Pacheco a 32 cidadáns que identificaron imaxes dos seus familiares, dentro do proxecto "A Galería".

luns, 22 mai 2006
1148304526pacheco220506.jpg
O proxecto "A Galería", que comezou en 2005, ofreceulles aos vigueses e viguesas a posibilidade de encontrar, nun total de 3.000 fotografías antigas, algunha na que aparecese representado algún dos seus familiares ou amigos. Finalmente, isto ocorreu con 450 fotografías, das que se realizaron 54 copias para entregar ás persoas que as localizaron.

O Arquivo Pacheco, situado na Casa das Artes, é una compilación do traballo fotográfico de Jaime de Sousa Pacheco Guedes e dos seus fillos Jaime e Alberto, durante o período que vai desde 1879 ata 1970.

Descargar todas as imaxes