Escoitar
Anuncio : Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego

Participación como beneficiario no proxecto Actívate

O proxecto Actívate, iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, abre o prazo de inscrición para participar como beneficiario/a nos itinerarios de inserción laboral como axudantes de cociña en centros escolares e sociosanitarios e como teleoperador/a.

venres, 19 mai 2006
O obxectivo de ACTÍVATE é ofrecer ás persoas demandantes de emprego e empadroadas na cidade de Vigo, unha oportunidade de práctica laboral acompañada da formación adecuada, a través de diferentes itinerarios de inserción .

Convocatoria para a selección de participantes no seguintes itinerarios:

ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL RELACIONADOS CO SECTOR DE ATENCIÓN A PERSOAS, PARA DEMANDANTES DE EMPREGO:

BENEFICIARIOS/AS: persoas desempregadas de Vigo, inscritas no Servizo Público de Emprego interesadas en capacitarse e insertarse laboralmente como "Axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios".

ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL PARA DEMANDANTES DE EMPREGO CON ESPECIAIS DIFICULTADES PARA A SÚA INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL:

BENEFICIARIOS/AS: persoas demandantes de emprego de Vigo con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (entre outras, persoas afectadas por unha discapacidade física, psíquica ou sensorial; persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como extoxicómanos/as, exreclusos/as, etc.; persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade; inmigrantes) que queiran capacitarse e insertarse laboralmente como "Teleoperador/a"

Documentación:

As persoas interesadas en participar que cumpran o perfil indicado, deberán presentar as solicitudes debidamente cubertas, segundo o modelo que se facilitará, xunto coa seguinte documentación (orixinal e fotocopia): DNI/NIF, tarxeta de demandante de emprego, certificado de antigüidade na demanda e vida laboral. De ser o caso, certificado de minusvalía e documentación acreditativa de pertenza a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.

Bases do proceso de selección, información e entrega de solicitudes:

PROXECTO ACTÍVATE. Centro de emprego Rivera Atienza (CERA). Avda. Martínez Garrido, 21 int. baixo (36205 Vigo). Tfno.: 986 266 320.
HORARIO: 9:00 a 13:30 h.
PRAZO DE RECOLLIDA DE SOLICITUDES: dende o día 22 ao 29 de maio de 2006 ambos incluídos.

As bases do proceso pódense consultar tamén na web http://emprego.vigo.org