Aberto o prazo de solicitude de subvencións para asociacións que realizan servizos sociais
As asociacións que traballan en Vigo no ámbito dos servizos sociais poden solicitar ata o 10 de xuño subvencións do departamento de Benestar Social do Concello, que tamén ofrece axudas económicas ás asociacións de maiores ata o 17 do mes que vén.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, anunciou hoxe xoves a apertura dos correspondentes prazos. Á convocatoria de subvencións para asociacións que traballan no ámbito dos servizos sociais, o Concello dedica a contía de 75.000 euros. As destinatarias son as asociacións ou colectivos sen ánimo de lucro que actúan en Vigo nas áreas de familia, infancia e xuventude, minusvalías, vellez, muller, drogodependencias e alcoholismo, minorías étnicas, delincuencia e reinserción, e outras problemáticas de inserción social.
Con estas subvencións, o departamento de Benestar Social quere axudar a estas asociacións a cubrir gastos derivados dos seus programas, proxectos e/ou actividades, así como do seu normal funcionamento e mantemento. O Concello favorecerá as actividades que substitúan ou complementen as propias dos servizos sociais municipais.
A concesión de axudas ao abeiro desta convocatoria será compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade por outras administracións públicas, sempre que o seu importe global non supere o custo total do programa ou servizo obxecto da subvención. En cambio, serán incompatibles coas que sexan outorgadas ás entidades que xa perciban financiamento municipal mediante convenio con outra fórmula para calquera outro programa ou actividade.
Asociacións de maiores
Pola súa parte, a convocatoria de axudas para asociacións de maiores conta con 25.000 euros. Como no caso das subvencións a entidades que traballan no campo dos servizos sociais, con estas axudas o Concello pretende contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos programas, proxectos e/ou actividades destas asociacións, así como dos derivados do seu normal funcionamento e mantemento.
En Vigo hai 21 asociacións integradas e xestionadas por persoas maiores de 65 anos, que se dedican a realizar actividades específicas para os seus socios e socias.
Requisitos
Os requisitos para participar nestas convocatorias están a disposición dos interesados na web do Concello (www.vigo.org) e no departamento de Benestar Social. As bases da convocatoria para asociacións que traballan no ámbito dos servizos sociais son as previstas no BOP de 18 de maio de 2006. As asociacións de maiores teñen as súas no BOP de 12 de maio.
Descargar todas as imaxes