Escoitar

Concerto de Fernando Raña e Román González no ciclo de música "Xeración 2000+6"

O dúo formado por Fernando Raña ( frauta traveseira) e Román González (guitarra) presentarán o seu disco "Candombe" no ciclo de música "Xeración 2000+6" que organiza a concellería de Cultura . O concerto , no que tamén se interpretarán obras de Piazolla, Rusell ou Doddos, terá lugar o martes día 23 ás 20 horas no auditorio do Concello, con entrada libre .

luns, 22 mai 2006
O dúo "Raña-Gonzalez" creouse no ano 1988 coa idea de estudiar e divulgar a música escrita polos grandes compositores para o dúo de frauta e guitarra. Durante todos estes anos realizaron numerosos concertos e gravacións, e son considerados pola crítica como un dos dúos máis estables e prometedores do panorama musical actual.

No ano 1997 gravaron o seu primeiro CD "Música do S.XX para Frauta e Guitarra", editado polo selo discográfico Caskabel.