Escoitar

Xornadas de formación do programa educativo ”Aprender a convivir”

martes, 22 xan 2002
imx1011.jpg
A concellería de Educación organiza unhas xornadas de formación dirixidas a pais e nais sobre o programa educativo municipal ”Aprender a Convivir” que se levarán a cabo nos colexios Javier Sensat e Alfonso R. Castelao.

O devandito programa é unha iniciativa da concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo que oferta á comunidade educativa dos centros e á cidadanía unha serie de propostas e recursos para construír unha convivencia máis sana e respectuosa entre todas e todos.

O contido das charlas que se darán nas xornadas son ¿como resolver os conflictos de forma non violenta? a cargo de Xesús Jares: ¿como favorecer a autoestima nas familias? por Hipólito Puente. Mercedes Oliveira disertará sobre ¿podemos falar de sexualidade cos nosos fillos e fillas? e Elixio Domarco falará sobre ¿como favorecer as relacións familiares e a convivencia?

As xornadas celebraranse no colexio Javier Sensat os días 31 de xaneiro e 6, 18 e 28 de febreiro. No centro Alfonso R. Castelao as charlas serán os días 24 e 30 de xaneiro e 4 e 21 de febreiro.
Descargar todas as imaxes