O ciclo musical "Lírica de Otoño" continúa mañá venres coa ópera "Così fan tutte", de Mozart
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acolle mañá venres, a partir das 20:30, unha representación da ópera de Mozart "Così fan tutte" ("Así fan todas"), dentro do ciclo musical "Lírica de Otoño", organizado pola Asociación de Amigos de la Ópera.
"Cosi fan tutte", ópera bufa que cerra o traballo de Mozart co libretista Lorenzo da Ponte, é considerada o cume do estilo italiano do compositor austríaco, xa tan hábilmente elaborado en "As bodas de Fígaro" e "Don Giovanni".
Esta ópera composta por Mozart entre 1789 e 1790 ten sido cualificada en numerosas ocasións como unha "ópera xeométrica" ou "simétrica", tanto musicalmente, pola disposición das súas partes, como polo argumento, con dúas parellas, as irmás Fiordiligi e Dorabella e os seus prometidos, os militares Ferrando e Guglielmo. Danse tamén os dous extremos da escala social. Nun deles está Don Afonso, un vello filósofo disposto a entreter o seu ocio para demostrar as súas afirmacións. No outro extremo está Despina, a serventa astuta cuxo móbil é o diñeiro.
Don Afonso, adepto da tese de que toda muller é infiel, fai unha aposta con dous oficiais apaixonados polas súas prometidas. Revoltados, mais confiando nas súas amadas, aceptan a aposta e alégranse como se xa gañasen.
A criada das noivas xúntase a Don Afonso e informa de que os seus prometidos tiveron que viaxar e talvez non volvan. Dous descoñecidos aparecen e comezan a facerlles a corte pero as noivas rexéintanos. Con axuda da criada, que lles di ás mozas que son coñecidos de Don Afonso e que deben aproveitar a vida, aceptan a corte.
Os estraños, que non son outros que os noivos enmascarados, cortexam noivas trocadas. Don Afonso mesmo chega a preparar as bodas. Nestas, os estraños saen para un cuarto e volven pola porta principal como os verdadeiros noivos. A trama é desfeita e a revolta é grande. No entanto, os noivos acaban perdoando as súas amadas.
A representación que terá lugar mañá venres dentro do ciclo musical "Lírica de Otoño" foi preparada e desenvolvida por profesores e alumnos vencellados ao Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Descargar todas as imaxes