Escoitar

Nova concentración silenciosa na praza do Rei en contra da violencia de xénero

Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo concentráronse hoxe xoves de maneira silenciosa na praza do Rei en contra das últimas mortes producidas a causa da violencia de xénero.

xoves, 15 dec 2005
1134655553concen151205.jpg
En Melilla, o pasado venres 9, unha muller de 38 anos resultou morta ao ser atropelada por un vehículo todo terreo que conducía su compañero sentimental, de 45, no que parece un novo caso de violencia doméstica.

O pasado domingo 4, en Sevilla, un mozo de 21 anos foi detido como presunto autor da morte da súa muller, de 20, que recibiu un disparo na fronte.

Con estas dúas mortes, a cifra de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas ao longo deste ano ascende a 63.
Descargar todas as imaxes