Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Padrón da taxa pola recollida de lixo-vivendas - Padrón de exaccións unificadas de industriais

<br />

venres, 17 xuñ 2005
Segundo publicación do Boletín Oficial da Provincia nº 110 de data 9 de xuño de 2005, estes padróns correspondentes ao ano 2005, estarán en exposición pública ata o día 24 de xuño de 2005 e poderán consultarse nos negociados de Lixo Vivendas e de Exaccións Unificadas Industriais, a excepción dos sábados que se exporán no Rexistro Xeral, en horario de 9,00 a 13,00 horas.

Esta exposición pública producirá os efectos de notificación das liquidacións relativas ás cotas das taxas de lixo vivendas, lixo industrial, entrada de vehículos e reserva de estacionamentos que figuran consignadas para cada un dos contribuíntes. Poderanse interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art. 137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.