A recepción parcial das obras de urbanización de Navia acordarase o martes
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase o martes 21 nunha sesión extraordinaria e urxente para acordar a aceptación e recepción parcial das obras de urbanización das parcelas 1-A e 1-B de Navia. O xoves 23 entregaranse as licenzas de ocupación das vivendas.
O próximo martes 21 de xuño, ás 10:00, terá lugar un Consello Extraordinario Urxente da Xerencia Municipal de Urbanismo para acordar a aceptación e recepción parcial das obras de urbanización das parcelas 1-A e 1-B de Navia, unha vez finalizados os traballos que nelas se veñen realizando.
Así o decidiron todos os grupos políticos no transcurso do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrado hoxe, día 16 de xuño, e que se reunirá o próximo xoves 23 para entregar as licenzas de ocupación das vivendas.
Por outra banda, o Consello da Xerencia acordou proporlle á Xunta de Goberno Local a aceptación de dúas cesións gratuítas, dunha parcela de 26 metros cadrados e doutra de 18 metros cadrados, para ensanche e mellora da rúa Canteiros, en Matamá.
No tocante aos asuntos en que o Consello ten competencia resolutiva, quedou resolto un expediente de restauración da legalidade urbanística alterada en Baixada a Ríos, 83, en Teis, polas obras de rehabilitación integral executadas nesta vivenda.
Por último, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo declarou restaurada a legalidade urbanística alterada pola entidade Rapaziños Tres S.L. a causa dunha infracción en Gran Vía, 77.
Descargar todas as imaxes