Concello e Protectora de Animais inician unha campaña contra o abandono de cans
A campaña ten como finalidade a concienciación da sociedade e das futuras xeracións da responsabilidade que supón a adquisición dun animal de compañía. Farase mediante a venda de camisetas e iniciativas dirixidas aos nenos nos colexios, ademais da instalación dunha carpa informativa na rúa Príncipe.
A alcaldesa Corina Porro e o voceiro da Protectora de Animais, Estanislao Fernández de la Cigoña, presentaron, xunto coa deseñadora das camisetas Elisa Pérez, a campaña contra o abandono de cans que o Concello de Vigo e a Protectora de animais realizan conxuntamente.
A alcaldesa recordou que os perros e demais animais de compañía non son "productos de consumo" dos que podamos desfacernos ou cambiar por outros mais modernos. Os animais, dixo a alcaldesa, "precisan duns mínimos coidados e o dono adquire unha responsabilidade coa súa mascota".
Deste xeito, Concello e Protectora unen as súas forzas para realizar unha campaña que pretende concienciar á cidadanía e educar ás futuras xeracións contra a terrible práctica do abandono de cans, que aumenta considerablemente nos meses do verán. A alcaldesa explicou que no mes de febreiro o número de cans abandonados en Vigo foi de 99, mentres que en maio aumentou mais do dobre ata os 196 cans.
A campaña constará de varias actuacións, dende a venta de camisetas ou a publicidade ata iniciativas que involucren aos nenos, como concursos de debuxo ou fotomontaxes nas escolas. Entre o luns 20 e o venres 24 de xuño haberá unha carpa na rúa Príncipe no que se dará a coñecer este proxecto, así como a labor da Sociedade Protectora de animais.
Stanislao Fernández explicou que actualmente a Protectora de Vigo conta con máis de 500 perros nas súas instalacións e que, contrariamente ao que a xente pensa, cada vez mais deles son perros de raza, non só "palleiros", polos que se pagaron cantidades en torno aos 600 euros pero que, "ben porque crecen, ben porque a familia marcha de vacacións ou porque o neno para o que o compraron marcha a estudar fóra, son abandonados", dixo.
O voceiro da Protectora de Animais explicou que o seu traballo é as veces ingrato, xa que moita xente opina que por enriba dos cans debe pensarse nas persoas, nenos, anciáns, e por eso dixo que a Sociedade Protectora debe sentirse "amparada e protexida pola cidade para a que traballamos, para darlle sentido a ese traballo". Actualmente a Protectora conta con 1.200 socios e a cota anual é tan só de 14 euros.
Camisetas
No que se refire á venda de camisetas, a campaña parte cun stock inicial de 1.000 unidades á venda pero segundo Elisa Pérez, "as previsións son de vender bastantes máis". Os prezos son de 7,90 as de chico e 11,90 as de chica, "que levan mais fantasía". Unha parte do recadado será para subministrar comida aos cans da protectora e o resto, para sufragar os gastos da campaña.
Descargar todas as imaxes