Rouban unha oliveira dunha rotonda e un buxo dunha illa durante a fin de semana
Unha oliveira foi roubada e outra arrincada durante a pasada fin de semana na rotonda en construcción da confluencia das avenidas de Castrelos e Portanet. No Concello sospeitan que os autores destes feitos son os mesmos que levaron un dos buxos plantados na illa do cruce da avenida de Castrelos coa de Balaídos.
Unha das tres oliveiras que se terminaron de plantar o pasado venres na rotonda en construcción situada na confluencia das avenidas de Castrelos e de Portanet desapareceu durante a pasada fin de semana.
Unha segunda oliveira apareceu arrincada na mesma rotonda. Segundo fontes do Concello, que cifran o valor da oliveira roubada en 250 euros, fan falta cando menos dúas persoas para levar unha das árbores en cuestión, árbores que ademais non caben en vehículos máis pequenos que unha furgoneta.
Por outra parte, a uns cen metros do lugar destes feitos, na illa do cruce da avenida de Castrelos coa de Balaídos, roubaron un dos cinco buxos que alí se plantaran tamén o pasado venres. No Concello sospeitan que os autores do roubo do buxo son os mesmos que roubaron unha oliveira e tentaron levar outra.