Escoitar

A rúa Urzaiz estará pechada ao tráfico descendente entre Vázquez Varela e Gran Vía

O desvío débese ás obras de canalización e saneamento e durarán entre o luns 24 de xaneiro e o venres 6 de febreiro.

venres, 21 xan 2005
1106317147mapapa.jpg
A concellería de Seguridade e Mobilidade anunciou o peche ao tráfico en sentido descendente da rúa Urzaiz no tramo que vai dende a rúa Vázquez Varela e a Gran Vía por mor das obras de canalización e saneamento previstas nese entorno. O peche desta vía terá lugar dende o luns 24 de xaneiro ás 6 horas da mañá, ata o venres 6 de febreiro ás 20 horas.

Os vehículos procedentes do tramo alto de Urzaiz ou da rúa Vía Norte que pretendan chegar á rúa Lepanto deberanse desviar por Vázquez Varela e, baixando pola rúa Brasil, chegar a Gran Vía.

Por outro lado, a parada do autobús urbano Vitrasa sita na rúa Urzaiz no tramo entre Vía Norte e a rúa Baixada á Estación en sentido descendente, trasladarase á rúa Brasil no tramo entre Vázquez Varela e México. A concellería solicita a máxima colaboración cidadá nesta eventualidade.
Descargar todas as imaxes